• Que ver

Que ver

Visit Pontevedra

Acompáñanos polos excelentes ambientes urbanos de Pontevedra que inclúen historia, cultura, lecer, paisaxe e ese encanto especial que posúe o antigo. Construída coa paciencia do paso dos séculos, esta "boa vila", coas súas deliciosas rúas e prazas de nomes gremiais repletas de edificios da arquitectura culta e popular, posúe un dos centros históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia.

Nos últimos tempos converteuse nunha cidade peonil onde vale a pena dar longos paseos, descansar nos seus parques e prazas e gozar dunha tapa, un café ou unha copa en calquera das súas animadas terrazas.

 

Centro histórico

O centro histórico é o corazón de Pontevedra, o lugar no que teñen lugar a maioría dos acontecementos sociais e o principal escenario patrimonial e histórico da cidade. Considerado un dos mellor conservados de Galiza, forma parte do Patrimonio Histórico Artístico do Estado.

Imprescindibles

Pontevedra ofrece innumerables lugares para visitar e recunchos para perderse. Monumentos, museos, pazos, igrexas, prazas, xardíns... Hai outros moitos, pero aquí están os imprescindibles, os que tes que visitar tanto se es de aquí como coma se vés uns días de turismo.

Top 10

Queres visitar os lugares máis imprescindibles de Pontevedra pero non sabes por onde empezar? Temos o que necesitas: unha listaxe cos sitios que non te debes perder. Nestes Top 10 atoparás interesantes e orixinais propostas para namorarte de Pontevedra.

Pontevedrapé

A cidade de Pontevedra gózase paseando, está feita para camiñar. Por iso, creouse a marca Pontevedrapé, que identifica todos os roteiros e visitas temáticas que se fan a pé no Concello de Pontevedra.

Pontevédrate en familia

Pontevédrate en familia é unha iniciativa para que os nenos e as nenas, de fóra e de aquí, descubran e gocen da cidade con xogos, con roteiros e coa posibilidade de ocupar as rúas e prazas sen perigo. Por algo somos “a cidade dos nenos e nenas”!

Visitas guiadas

Hai moitas formas de coñecer unha cidade, pero percorrela cun guía pode ofrecernos unha perspectiva máis completa. Da man dos mellores expertos, as nosas visitas están cheas de curiosidades, anécdotas e lendas que farán que vexas a cidade con outros ollos.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados