Situación xeográfica

Visit Pontevedra

Pontevedra goza dunha situación estratéxica como capital das Rías Baixas, en Galicia, porta de entrada con Portugal e punto clave do Camiño Portugués a Santiago. Está situada na desembocadura do río Lérez, que a circunda para despois formar a ría de Pontevedra. A súa localización no extremo da ría de Pontevedra convértea no punto de partida ideal para percorrer tanto as Rías Baixas como o interior de Galicia.

 

A orixe da cidade estivo sempre relacionada coa súa situación estratéxica, tanto nas primeiras vías romanas como posteriormente na ruta medieval do Camiño Portugués a Compostela. As pontes son os elementos máis significativos da historia da cidade e protagonistas incuestionables, que acompañan o percorrido do río Lérez de norte a sur.

Parroquias

Unha parte importante da poboación está distribuída polas quince parroquias que a circundan, dúas delas mirando á ría de Vigo, no sur: Ponte Sampaio e A Canicouva. No norte están as parroquias de Campañó, Alba, Cerponzóns, Verducido, Santa María e Santo André de Xeve, ademais de Lérez. Cara ao leste atópanse Mourente, Bora e Marcón, e cara ao sur miran Tomeza, Salcedo e Lourizán.

Poboación

A cidade de Pontevedra esténdese por uns 3,25 km2 e nela viven sobre 51.000 habitantes. É a capital do concello, de 83.000 habitantes, da comarca, duns 225.000 habitantes, e da provincia, de 960.000 habitantes. É un potente centro administrativo, comercial e de servizos que xira sobre o centro da cidade, que non chega a 1 km2 e no que viven aproximadamente 24.000 persoas.

A cidade galega que máis medra

Desde 1999, Pontevedra medra en poboación unha media de preto de 1.000 persoas por ano; de feito, é a primeira cidade galega en crecemento. Normalmente, ofrece a taxa de desemprego urbano máis baixa de Galicia, a poboación urbana máis nova de Galicia, a taxa de cidadáns urbanos que menos emigran do país e o maior índice de natalidade urbana.

Territorio municipal

Neste mapa do territorio municipal de Pontevedra podes atopar os nomes dos principais lugares de cada parroquia, os principais puntos de interese fóra do núcleo urbano, os ríos, os montes, as sendas, etc.

 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados