Século XVI

Visit Pontevedra

No século XVI, Pontevedra convértese nunha das máis populosas vilas galegas cun gran porto pesqueiro ligado ao comercio internacional, no que destaca a actividade da exportación de peixe salgado a Portugal. Testemuño desta época é a magnífica igrexa de Santa María, levantada grazas ás achegas do poderoso Gremio de Mareantes que, por aquel entón, tiña o monopolio da exportación de salgados.

Ao final do século XVI comezaron a ser notables os síntomas da profunda crise na que se sumiu Pontevedra durante os séculos XVII, XVIII e XIX e que ten a súa orixe en diversos factores que van desde as adversidades climáticas ás políticas, negativas para a cidade e para Galiza, levadas a cabo pola Coroa. A Coroa desentendeuse dunha poboación que, a pesar de ser a máis populosa de Galicia, estaba agonizante ao entrar en decadencia a súa principal actividade económica: a pesca.

 

Basílica de Santa María

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados