Orixe

Visit Pontevedra

Existe arredor do nacemento da nosa cidade unha lenda de carácter erudito xestada na época de maior desenvolvemento económico e social da vila: o Renacemento. Foi nesta época cando se elaborou esta fantástica orixe para darlle maior lustre á, por aquel entón, puxante vila. Para iso fíxose responsable da súa fundación a Teucro, un dos heroes da Guerra de Troia, que tras a morte do seu irmán Aiax, e ao ser aborrecido polo seu pai, Telamón, marchou a Galicia, e bautizou a cidade onde se apousentou co nome de Helenes. Non obstante, diversos estudos históricos e arqueolóxicos máis recentes non detectan restos de presenza humana neste val anteriores á súa integración no Imperio Romano.

FVNDOTE TEVCRO VALIENTE
DE AQVESTE RIO EN LA ORILLA
PARA QUE EN ESPAÑA FVESES
DE VILLAS LA MARAVILLA
DEL ZEBEDEO LA ESPADA
CORONA TU GENTILEZA
VN CASTILLO PVENTE Y MAR
ES TIMBRE DE TV NOBLEZA

Fundoute Teucro valente
na ribeira deste río
para que en España foses
de todas as vilas marabilla
do Zebedeo a espada
coroa a túa xentileza
un castelo, ponte e mar
é timbre da túa nobreza.

(Estrofas de autor descoñecido gravadas
en pedra no vello concello pontevedrés)

 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados