• Planifica a túa viaxe

Planifica a túa viaxe

Visit Pontevedra

Ten en conta esta información detallada e útil para gozar da túa estancia en Pontevedra.

 

Como chegar

En coche, en tren, en autobús, en avión... mesmo a pé, como parte do Camiño Portugués a Santiago. Calquera medio de transporte serve para chegar a Pontevedra. Escolle o que máis se adapte a ti e... comeza a túa viaxe!

Puntos de información turística

Se precisas un plano de Pontevedra, consellos sobre os lugares que non te podes perder, festas ou espectáculos aos que asistir ou calquera outra consulta relacionada coa túa visita, achégate a un punto de información turística e alí atoparás o que estás a buscar.

Moverse pola cidade

Para os habitantes de Pontevedra vivir nunha cidade sen coches é unha realidade. Máis do 70% dos desprazamentos urbanos fanse a pé ou en bicicleta e só tres de cada dez persoas que se moven pola cidade fano en coche. Pontevedra é unha cidade para paseala, para meterse por todos os seus recunchos e perderse polas súas rúas e prazas. Aparca o coche e camiña!

Onde durmir

A oferta hostaleira da cidade permite a estancia para todos os orzamentos cunha das mellores relacións calidade prezo de Galiza.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados