Terraceo

Visit Pontevedra

A vida está chea de pequenos praceres e, sen dúbida, terracear é un deles. Tomar un aperitivo, unhas tapas, un picoteo a media tarde… calquera momento é bo para sentar nunha terraza e gozar do momento. Así que despois dun agradable día facendo turismo, reláxate en calquera das terrazas que a cidade ofrece; hai moito onde escoller!

 

Pontevedra vive a rúa. É unha das marcas de identidade do modelo de cidade desenvolto polo Concello de Pontevedra.

Así que despois dun agradable día facendo turismo, reláxate en calquera das terrazas que a cidade ofrece; hainas para todos os gustos.

Case todos os bares do centro histórico teñen terrazas. Algunhas das concorridas están na praza da Leña, na praza da Verdura, na praza da Ferrería, na praza de Curros Enríquez, na rúa Tetuán, na praza das Cinco Rúas ou na praza de Méndez Núñez.

Interiores ou exteriores, máis pequenas ou máis grandes, dentro de soportais ou fóra, con antucas, con estufas… nelas poderás gozar placidamente dun café, un refresco, un vermú, un viño ou a caña do aperitivo con boa música de fondo ou simplemente envoltos en conversas e risas cos teus compañeiros de mesa.

E se queres máis, non perdas a ocasión de gozar dos sabores do mar e da terra en calquera das terrazas das tascas, restaurantes e tabernas da cidade; seguro que te sorprenderán.

 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados