Pontedetapas

Visit Pontevedra

O concurso gastronómico Pontedetapas é unha cita imprescindible para pontevedreses e turistas que enchen, durante tres semanas de novembro, os establecementos participantes para gozar da cidade e da súa gastronomía, en pequenos bocados. Cada vez son máis os bares e restaurantes que se apuntan a esta iniciativa e cada vez maior é o nivel das súas creacións. Queres axudar a escoller a Tapa Pontevedra, a que máis represente a esencia da nosa cidade?

Durante o mes de novembro ten lugar o concurso gastronómico Pontedetpas, que abre unha xanela para amosar e compartir a alta calidade e creatividade da gastronomía local e que busca dinamizar o turismo, o comercio local e o sector da restauración.

Os bares e os restaurantes participantes poden presentar as súas creacións en tres modalidades distintas, pero coa obriga da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. Deste xeito, os aspirantes poden optar ao premia a:

  • mellor tapa tradicional, aquela inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía
  • mellor tapa creativa, á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas…
  • mellor cóctel

A elección dos gañadores recae nun xurado profesional composto por profesionais do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.

Ademais, de entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorga mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade no sabor, no aroma, nos produtos empregados… A Tapa Pontevedra compite, a súa vez, no concurso  De tapas por Galicia, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas. Pontevedra fíxose con este galardón en 2016 e 2018.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados