Variante Espiritual

Visit Pontevedra

Realiza o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela. Navega por unha paraxe natural de gran beleza. Descubre muíños, fontes, capelas e mosteiros. Camiña a través de bosques, viñedos e praias. Percorre o único viacrucis marítimo-fluvial do mundo, no que poderás contemplar dezasete cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago como a Translatio, a orixe de todos os camiños.

Esta Variante Espiritual, iniciativa da Mancomunidade do Salnés, une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e a Ruta do Mar, a orixe de todos os camiños. No ano 44 despois de Cristo, a ría de Arousa foi sucada polo barco que transportaba o corpo de Santiago Apóstolo.

Antigas tradicións cristiás contan que despois do seu martirio a mans de Herodes Agrippa, os discípulos de Santiago, Teodoro e Atanasio, recolleron o seu corpo decapitado e "conducidos por un anxo e guiados por unha estrela” arribaron ás costas de Galicia e subiron pola canle do río Ulla ata alcanzar Iria Flavia (actual vila de Padrón).

 

- Etapa 1 (19,6 km)
Dificultade media

Tras cruzar a cidade de Pontevedra, seguindo o Camiño Portugués, a 2 km atopamos un desvío á esquerda. Neste punto comeza a Variante Espiritual que discorre a través de Poio e Combarro ata chegar ao Mosteiro de Armenteira, nun enclave rural moi tranquilo en plena montaña. Poderemos facer noite e descansar no albergue despois de percorrer 21 km.

 

- Etapa 2 (23,6 km)
Dificultade baixa

Desde Armenteira ata Pontearnelas o peregrino percorre "A Ruta da Pedra e da Auga" que discorre por unha paraxe natural de gran beleza. Camiñando baixo a sombra das árbores atoparemos antigos muíños de auga que descansan a beiras do río. Hortos e viñedos indícannos que nos aproximamos á ría de Arousa. Tras percorrer 24 km alcanzamos as praias e a localidade de Vilanova.

 

- Etapa 3 (28 km)
Dificultade media

Realizaremos o traxecto entre Vilanova de Arousa e Pontecesures nunha embarcación para peregrinos (tamén se pode realizar a pé percorrendo 28 km de dificultade baixa). Sucaremos a ría de Arousa e ascenderemos o río Ulla rememorando a viaxe que fixeron os restos do Apóstolo Santiago, a Translatio (dunha hora de duración aproximada). Poderemos contemplar o cultivo do mexillón nas augas da nosa ría e percorreremos o único viacrucis marítimo-fluvial do mundo no que descubriremos dezasete cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago coma a orixe de todos os camiños. En Pontecesures retomamos o Camiño Portugués.

Tríptico da Variante Espiritual

DISTANCIA
71.2 km

DIFICULTADE
Media

 

Ruta Variante Espiritual

Descarga a ruta da Variante Espiritual no teu dispositivo móbil e non te perdas! (É necesario ter instalado Google Earth)

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados