• O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago

Visit Pontevedra

Durante máis de mil anos, o Camiño de Santiago dirixiu os pasos de millóns de peregrinos que teñen como meta chegar ao santuario do apóstolo Santiago o Maior. Hoxe, o motivo desta viaxe deixou de ser exclusivamente relixioso, pois o seu percorrido está cheo de cultura e tradición e, mesmo, son moitos os que o afrontan co fin de reflexionar, de realizar unha viaxe interior para coñecerse mellor a si mesmos. Á capital de Galicia pódese peregrinar a través de diversas rutas. Aquí aparecen as que pasan por Pontevedra.

O Camiño Portugués

Cunha gran tradición histórica, é a segunda ruta máis percorrida cara a Santiago de Compostela. O seu trazado herda vías e camiños antigos, como a Vía XIX, construída no século I d. C.

O Camiño Portugués en Pontevedra

A cidade de Pontevedra está indiscutiblemente  vencellada ao mundo xacobeo, non en balde, está considerada como a capital do Camiño Portugués a Santiago.

O Camiño Portugués da Costa

Esta ruta milenaria seguida por millóns de peregrinos desde o século IX discorre, na maior parte do seu percorrido, pegado ao Océano Atlántico.

A Variante Espiritual

Esta variante do Camiño Xacobeo une o Camiño Portugués coa Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, que conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago, despois do seu martirio en Xerusalén no ano 44.

A Ruta do Padre Sarmiento

Coa mirada posta nas rías de Pontevedra e Arousa, discorre o camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados